domingo, 15 de mayo de 2016

Galicia pra min...

Galicia... que dicir da miña terra, unha terra na que reinan as meigas e os feitizos, donde o soño de calquera persoa se pode chegar a facer realidade.
Galiza, a miña terra a terra de meus pais e meus avos, a terra que me veu medrar. Para min é algo mais que un lugar, e como a miña casa, nela podeste desviar de todos os teus problemas coa chea de lugares preciosos que visitas. Que dicir da praia das catedrais... ese lugar da costa lucense con milleiros de visitantes... En ningun lugar do planeta hai os cantís coma os de San Andrés de Teixido-.. en ningures hay fervenzas tan preciosas coma as do Ézaro.



Aqui hai de todo, que mellor sitio que vivir na terra de teus avós. Non hai mellor libro que os avós, contaranche miles e miles de historias de Galizaa e deles cando eran nenos.

Galiza foi unha terra gandeira, artesá... de campo. Hoxe en dia todo se mecanizou para unha vida cotiá mais estable, pero a esencia de Galiza nunca se perdeu.

Outra cousa que caracteriza Galiza e a música. Música Folk, festivais medievais coma o Festival Irmandiño de Moeche... O Festival do Mundo Celta de Ortigueira... a festa da Fraga nas Pontes... milleiros de persoas se xuntan para celebrar as festas...

Falando de festas... nunca vin un lugar tan festeiro coma Galiza. para min e a mellor discoteca que pode haber, xuntamonos todos os familiares e veciños polo patrón e cantamos e trouleamos coas orquestras.

Para min a miña terra e coma o meu fillo... algo que sempre hai que cuidar e nunca esquecerse dela... por moita xente que tuvera que emigrar ou mesmo irse para non volver... Galiza deixa marca a calquera que pasa por ela, a sua tranquilidade e a súa natureza e ÚNICA. 

E por último, a canción que mellor define as noites de troula e aos propios GALEGOS!!


Para os de fora

Xa que esta entrada é de tema libre, nela vou facer un pequeno resumo sobre as típicas preguntas que se fai toda persoa que non é galega cando visita a nosa terra.

1. Isto como se come?
Diante, no prato, posiblemente haxa percebes. Unha vez asumido que si, que esas pezuñas mariñas son algo que se come, os máis tímidos mirarán ao seu ao redor de forma disimulada para ver como fan os autóctonos e tentarán imitalos sen que se lles note moito. O resto mirará o prato e fará a pregunta. Ocorrerá tamén con recoiro, nécoras e outras delicias do mundo do mar.



2. Fai boa noite, por que non durmimos na praia?
Que hora é? Se son xa as tres da mañá, estás na praia e efectivamente notas que fai boa noite e unha temperatura superior a 20º graos, poden pasar dúas cousas. O máis probable é que non esteas en Galicia. Se o comprobaches e si que estás aí, dorme na praia. É o único día no ano no que o poderás facer. 

3. Vou probar este licor café. Fíxoo a avoa do meu amigo e aseguroume que estaba moi suave.
As avoas galegas teñen un concepto distinto do que é un licor suave. Descubriralo en canto abras a botella e con só cheirar o alcol che emborraches. Debes bebelo, por suposto, pero mellor non fagas plans para mañá.



4. Por que me serviron o viño nun bol de cerámica?
Chámase cunca e é unha pequena obra de arte galega que serve para calquera líquido que queiras beber. Viño, caldo, leite? para que usar distintos tipos de recipientes se hai un que serve para todo?



5. Que fai esta bañeira no medio do monte?
Nós tamén nolo preguntamos. Se non ten un uso claro, tipo bebedoiro para o gando (en Galicia somos moi de reciclar), encólleche de ombreiros e continúa camiñando. Poderías falar de feísmo, pero é un tema complicado e preferimos discutilo entre nós.

6. Por que é aínda de día se son as 11 da noite?
Probablemente teña que ver co feito de que en Portugal sexan as 10. E con que o sol ponse polo oeste, coa hora cambiada que ten toda España, etc. Mira un mapa.

7. Pois este pemento non pica...
É parte da emoción! Uns pican e outros non, así son os pementos de Padrón. Ti polo si ou polo non nunca cantes vitoria antes da segunda dentada, que algúns son de efecto retardado.



8. A auga non está moi fría como para bañarse?
De verdade? Dilo xusto hoxe que está a 19º graos? Se está buenísima!

9. Por que levas unha chaqueta se estamos a 30º?
Nunca te fíes do verán galego. Nunca! Eses 30º desaparecerán co sol e agradecerás moito ter unha chaqueta cando de súpeto o termómetro empece a marcar 17º.

10. Crees que necesito poñerme crema solar para ir ás Cíes? Total non fai moito sol?
As Illas Cíes son belas, bellísimas, pero tamén desapiadadas e implacables. Coma se estivesen xusto debaixo dun buraco da capa de ozono, os raios do sol (aínda que ti non o vexas) penetrarán na túa pel e deixarana vermella e chamuscada. Se non che apetece cambiar de pel ou, que se eu, arriscarche a un cancro, mellor bótache a crema. Protección 30 mínimo.

11. Que son esas cousas cadradas no medio da ría?
Chámanse bateas e son os lugares nos que crecen os mexillóns e as recoiro esas tan ricas que che acabas para comer. Non, non aí encima, nunhas cordas que están afundidas? sabes que hai visitas organizadas para velas e entendelas de preto?



12. Por que teño frío se estamos a 20 graos?
É Humidade, a túa compañeira de piso, lembras? Ademais de en a túa parede, está nos teus ósos.

13. Dixéronme que son riquiño, iso é bo, verdade?
Mmm? depende. Digamos que non é necesariamente malo e que podería ata ser bo. Pero ten tamén presente que a xente en Galicia non é fea. É riquiña.


E mais ou menos estan poden ser as preguntas de xente que non tivo a sorte de nacer neste paraiso.

sábado, 14 de mayo de 2016

A voz do pobo

A nosa lingua, o galego , cunha dificil e lenta normativizacion, vese afectada polo “abandono” da sociedade que hoxe en dia nos rodea.

A dia de hoxe a lingua Galega e moitisimo menos falada pola poboacion do que se falaba antes. O cambio veuse reflexado no intervalo que vai do ano 2001 ao 2011.
Se seguimos as estatisticas, o galego vai a menos en vez de a mais a pesar da sua evolucion en canto a gramatica e o lexico. Estudos afirman que o Galego e falado pola xente “as veces” por enriba da xente que o fala sempre.



A xuventude de hoxe en dia, non se preocupa por aprender a lingua do seu territorio, solo se preocupa polo idioma que os seus amigos falan e polo tanto eles falarano tamen.
Na casa cada vez e menos habituao o uso do galego a non ser no ambito rural… por iso a pregunta que chegamos a facernos e… o Galego… seguirá existindo co paso dos anos?
E unha cuestión un pouco “atourada” pero con loxica. Se a nosa lingua segue a ir a menos como esta pasando estes anos, chegara un punto no que desaparecerá, porque non se falara por ninguen.


Chegamos ao punto no que desgraciadamente, os meus fillos non poderan aprender a lingua territorial, aprenderan algo menos na vida.
E moi triste chegar a pensar esta situación, pero e a real. A realidade e que o Galego falasw cada vez menos, e unha realidade acompañada da ignorancia na que nos estamos adentrando …


Galicia, paraiso "natural"

Hoxe, xa teño 38 anos, estou cos meus dous fillos na praia da fragata, en Cobas, disfrtuando das praias da nosa casa. E diredes, cal é o problema..? a elo vou.

O problema é que nestes tempos, a area non é area, a praia son todo colillas. No ano 2016 os galegos aumentaron o seu numero de cigarrillos diarios, e mais aumentou o seu consumo e persoas xoves, nun 8%, e esta estadistica aumentou progresivamente de 2 anos en 2 anos ata agora.



Estas actividades foron as que levaron a Galicia máxica de acantilados verdescentes, os cabos infinitos e as praias maxestuosas ao seu fin. 
O consumo cada vez mais frecuente e precoz nos xoves ao consumir tabaco leva a Galicia a pique. Os xoves, que son os que mais frecuentan as praias, enchen todo de colillas e lixo, pero sobre todo colillas. 
A dia de hoxe, a arena non é area, son colillas. Os meus fillos fan castelos de arena mesturados coa pouca area que se pode atopar nas praias. Os meus netos non saberan que é a area. 



A xente non se da conta, e pensa que as colillas tardan 2 ou 3 días en degradarse, mais a media de degradación dunha colilla é de entr 2 e 3 anos (ao sol). 
Esto me leva a cando a colilla non so esta na parte da area, senon tamén no mar, o que levou a non poder bañarse nas nosas praias debido a enorme contaminación que ten a auga debido as colillas e os milleiros de residuos plásticos que se tiran ao mar a diario; "Se a colilla cae na auga a desintegración realizarase na metade do tempo, pero á súa vez contaminará entre 8 e 70 litros de litros de auga potable ao mollarse e soltar a nicotina e o alcatrán que contén."

Esto non é o peor, se non que esto acorta a vida dos galegos, e cada vez morren máis galegos por causa do tabaco, a enfrmidade mais frecuente é o cancer de pulmón. Así aumentaria a vida dos galegos se deixasen de fumar a tempo:

  • Aumenta 9 años si deja de fumar antes de los 40 años
  • Aumenta 6 años si deja de fumar antes de los 50 años
  • Aumenta 3 años si deja de fumar antes de los 60 años
O que lles depara aos meus netos non o sei, solo sei que non vai ser nada bon.

jueves, 12 de mayo de 2016

Galicia de moda

Galicia ten como fillos privilexiados a numerosos diseñadores e moditas que firman algunhas das grandes marcas que se ven ao longo de todo o país. O máis destacado, de fama mundial no mundo da moda, é Amancio Ortega, referente para todo empresario que se queira dedicar a ese gran mundo. Neste post, vouvos a nomear algunhas das marcas mais importantes en Galicia, feita por galegos.

lunes, 25 de abril de 2016

Grabiel tizón

Referente a fotografia galega cabe destacar a milleiros de galegos pioneiros nesta materia, mais hoxe vouvos dar a coñecer a un gran fotografo como é Gabriel Tizón. 

martes, 19 de abril de 2016

O cine galego

O cine chegou a Galicia o 2 de setembro de 1896. Aquí vouvos facer un pequeno recorrido ao longo do tempo sobre o cine galego.



jueves, 14 de abril de 2016

A queimada

A queimada é unha bebida alcoholica da tradición galega e propia da sua gastronomía.
Según a tradición, esta bebida tomada trala pronunciación do conxuro funciona como proteción contra maleficios, ademais de manter aos espiritos e demás seres malvados lonxa da persoa que a bebe.  

domingo, 21 de febrero de 2016

A reconquista Irmandiña do Castelo de Moeche

No val dos irmandiños , a historia conta que anos atrás, ao mesmo tempo que en Vilalba, en Moeche o campesiñado empezaba a crear unha seria represalia arredor do Castelo.
Nesa época o Castelo era ocupado por Fernán Pérez de Andrade `` o bo´´ que tamén era dono das fortalezas do Eume e mesmo nun Castelo moi cercano ao de Moeche como é o Castelo de Narahío.
Este malestar do pobo leva a unha Revolta Irmandiña que se produce no ano 1431. Os irmandiños do Val de Moeche unificanse para loitar contra Nuño de Andrade ( o malo) e o seu exército nos arredores do Castelo.

Martires de Carral

En 1846 Galicia foi escenario dunha revolución que deixaría unha grande marca na historia e na cultura do país. Malia ao seu fracaso, o alzamento liberal de 1846 marcou a política e o pensamento da época, e ten unha importancia fundamental en como se desenvolveu despois o Rexurdimento e o Rexionalismo galego. Aínda hoxe, as lembranzas daqueles feitos continúan con vida.

Unha revolución non ten sempre que vencer para mudar a realidade. Pódese pensar que esta foi o caso do pronunciamento que protagonizou o exército en Galicia en 1846. O que comezara coma un alzamento liberal deu no fito fundacional do provincialismo en Galicia, denunciando de xeito explícito a situación de abandono no que se atopaba Galicia respecto ao goberno central. “Que foi o que pasou? Este movemento militar coincidiu no tempo cunha xeración de mozos universitarios que teimaban en reivindicar a idea de Galiza”, explica o historiador Prudencio Viveiro. “É a xeración provincialista. Eran os fundadores do galeguismo. Desde polo menos 1840 estes mozos provincialistas denunciaban a situación de abandono a que estaba sometida Galiza, esquecida polo centralismo ignorante, que no dubidara en subdividir o antigo reino en catro provincias sen ningunha base histórica. Os provincialistas defendían que Galiza era unha unidade, unha soa provincia, de aí o seu nome. Criticaban tamén a postración económica, as necesidades que pasaban os galegos, ofrecendo ideas para superar esta situación. Os provincialistas deixaron por escrito o seu programa en varios xornais de Santiago de Compostela, cabeceiras como La Aurora de Galicia, El Idólatra de Galicia, El Irís de Galicia ou El Porvenir, fálannos ben as claras de cal era o cerne dos provincialistas: Galiza e os seus problemas. Ao chegar abril de 1846 estes militantes do provincialismo deciden pasar á acción. É entón que se unen ao movemento insurreccional”. 

Roi xordo, o primer heroe dos Irmandiños

No século XV, a península ibérica vivía un tempo convulso. O Rei da Coroa de Castela, Enrique de Trastámara, impuxo en Galicia unha nobreza foránea que exercía o señorío dunha maneira brutal e incontrolable polo Rei. 

O señor de Andrade cada vez tiña máis sona polos seus continuos abusos e o seu trato de dureza. Especialmente grave era o caso de Ferrol, no que eran habituais os fusilamentos mandados por el. Pero o pobo non tarda en sublevarse contra estas inxustizas. Unidos en irmandades, estas xentes, campesiños e xente de tódolos oficios, rurais e urbanos, pasarían á historia como os “Irmandiños”. Atoparon ó seu líder en Roi Xordo, un fidalgo nado, seguramente, na Coruña. Abandeirou a primeira Guerra Irmandiña, liderando a Irmandade Fusquenlla, creada en 1431. 

Andrade vese obrigado a fuxir a Compostela, onde recibe o amparo do arcebispo. Mentres, xentes de máis vilas galegas se van unindo a Roi Xordo e á Irmandade Fusquenlla. En Betanzos, o arcebispo trata de negociar con eles, pero sendo o sometemento a única alternativa ofrecida, deciden atacar Compostela. Alí dan có exército do arcebispo, máis numeroso e mellor preparado, polo que se ven na obriga de recuar. 

Namentres, Andrade fuxe para o castelo de Betanzos. Até alí vai a Irmandade Fusquenlla, pero esta vez caen derrotados. Roi Xordo, xunto con outros líderes da contenda, foron axustizados, feito que marca a fin da primeira Guerra Irmandiña. A cotío comparado con Robin Hood e William Wallace, Roi Xordo chega até os nosos días coma un exemplo de loita e coraxe, así como de enerxía e valentía, aquelas que non toleran a vida baixo o asoballamento.

En honor a este personaxe en ferrol encontrase unha rúa co seu nome: 


A peste negra

A peste negra foi unha epidemia concreta de peste que chegou a Europa, a China, o Medio Oriente e outras rexións do Mundo durante o século XIV (1347-1350), matando un terzo da poboación da Europa e proporcións probabelmente semellantes noutras rexións.
A peste non só decimou a poboación senón que destruíu a brillante civilización europea da baixa Idade Media, da construción das catedrais e do Feudalismo e Mercantilismo, que foi substituída pola bastante diferente civilización dos Descubrimentos e do Renacemento, logo que a poboación volveu a medrar.
Durante o período de revolución que causou, cuestionáronse institucións como a Igrexa Católica, prosperaron novas formas de relixión místicas e de pensar e minorías inocentes como os leprosos e os xudeus foron perseguidas e acusadas de seren a causa da peste.
 A peste entrou en Galiza pola costa (en Baiona, por exemplo, entrou a finais do ano 1348) e espallouse cara ao interior. Na Igrexa de Santa María a Nova de Noia, o sartego de Alvaro Paz Carneiro lembra a súa morte por causa da Mortalda, o día 15 de agosto da era 1386, é dicir, o 15 de agosto do ano 1348.
EFECTOS
Os efectos demográficos, culturais e relixiosos foron inestimables. A poboación descendeu en máis dun terzo. Os sobreviventes do pobo e da pequena nobreza e burguesía probabelmente se enriqueceron, por aumento dos salarios debido á diminución da man de obra e descenso dos prezos de terras e rendas. Os grandes propietarios rurais, dependentes totalmente do traballo alleo, sufriron algún declive económico. De aí se explica a proclamación das leis do suntuario, que prohibiron aos viláns usar roupas caras como os nobres. Non estando as divisións sociais tan claras como antes a nivel de propiedade, insistiuse máis nos títulos.
As persecucións ás minorías aumentaron drasticamente, e especialmente os pogroms contra os xudeus. O feito de que a maioría dos médicos fosen xudeus, e do fanatismo relixioso que se apousou das poboacións aterrorizadas, terá contribuído para a acusación e persecución a esa minoría. Alén diso os xudeus ficaron sospeitosos cando, debido ás súas leis talmúdicas de hixiene, as súas vítimas foron en menor número que as de comunidades cristiás. Houbo máis de 150 masacres e decenas de comunidades xudaicas máis pequenas foron exterminadas polos motíns dos cristiáns, facilmente incitados polos priores locais, a pesar das condenas polos altos cregos. A persecución dos xudeus na Alemaña levou á súa emigración en masa a Polonia e Rusia, onde mantiveron a lingua alemá no seu dialecto hebraico, o Yiddish.

Os leprosos tamén foron perseguidos, culpados como os xudeus de diseminar a doenza (a Lepra naturalmente non ten relación coa peste).