miércoles, 25 de noviembre de 2015

Ouro líquido

Que é o ouro líquido? vos estaredes preguntando...
Só quen aprecia o seu traballo e o seu sabor sabe 
que é oro, pero é liquido. Estouvos a falar do aceite 
de oliva, sí aceite, e non estou tola.

Pouca xente, e sobre todo en Galicia, aprecia o aceite de oliva, xa que a oliva non é un cultivo para un ambiente tan frio e húmido como o de galicia, polo tanto cando vas ao super un bo aceite de oliva podeche custar unha burrada, e inda así non é un aceite bo. 
Meus avós paternos son andaluces, para ser máis concretos son de un pobo de Cadiz chamado "Arcos de la Frontera" que forma parte da ruta dos pobos brancos, unha ruta rica en gastronia e cultura; cando o meu avó volveu da emigración a Francia e a miña avoa xuntou diñeiro sendo a costureira dos alrededores da sua "barriada", os meu visavós (pais da miña avoa) deixaronlle o seu campo y todas as terras que o compoñian, pouco a pouco foron contruindo e dandolle forma a ese campo para pasar ali o fines de semana, e o mais importante, para a sua plantación de olivos.

Un andaluz galeguizado

O meu nome é Andrea Téllez Rodríguez, e como curiosidade quixen urgar no pasado y ver de onde procede o meu primer apelido, xa que non coñezo a moita xente que se apelide asi, Téllez.

O meu primer apelido é o do meu pai, Antonio Téllez, el é andaluz, quizás sexa ese o motivo polo que en galicia este apelido non é común, mais despos de facer unha pequena investigación descubrín que o meu apelido non é andaluz, senon galego. 

domingo, 15 de noviembre de 2015

Da mitoloxía

Dende o inicio dos tempos, o ser humano utilizou a mitoloxía como unha maneira para explicar a orixe do mundo, os desastres naturais, etc., é dicir, e así explicar todos os sucesos que non podía entender.  Cada mitoloxía ten os seus propios personaxes e seres característicos:
-Zeus, Afrodita, Hera, Apolo... na mitoloxía grega.
-Xúpiter, Venus, Xuno.... na mitoloxía romana.
-Abnoba, Dona do lago, Taranis, Tristán e Isolda.... na mitoloxía celta.
-Lobishome, meigas, bruxas, Santa Compaña... na mitoloxía Galega.

lunes, 9 de noviembre de 2015

Elemento da Galicia mítica (A QUEIMADA)

A queimada é un dos moitos rituais que teñen que ver co lume, unha tradición que se debate entre o pagán e o misterioso, unha poción máxica cuxas orixes se perden nas sombras das antigas noites plagadas de meigallos e feitizos, de almas en pena, e corpos capturados por  rituais de bruxas que se encontran sentadas na oscuridade e nun círculo ao redor dunda cunca de barro buscando a purificación do corpo e a salvación da alma, mentres remexen o brebaxe que espantará os malos espíritos e atraerá os bos.
O ritual da queimada e o seu conxuro é un dos poucos ritos que se manteñen a dia de hoxe, levandose a cabo de forma natural en numerosas reunións sociais e celebracións que teñen lugar na comunidade galega.

sábado, 7 de noviembre de 2015

Igrexa de Igrexafeita

Esta é unha Igrexa situada no concello de San Sadurniño. Trátase dunha igrexa medieval reformada entre os séculos XVIII e XIX.



O máis representativo desta igrexa son as súas pinturas, forman un mural explendido e cheo de armonía. As pinturas que se poden observar na actualidade corresponden a catro pinturas de épocas diferentes. Da máis recente á máis antiga teriamos:
    
  • A primeira, a que máis espazo ocupa, corresponde á Asunción da Virxe. Nesta escena aparece representada na parte superior a Virxe con catro anxos que a soben ao ceo mentres outros dous a coroan.Toda a escena remátase na bóveda coa presenza de Deus Pai coas mans estendidas, bendicindo coa dereita e flanqueado por dous anxos trompeteiros. Abaixo, a ambos lados aparecen os apóstolos divididos en dous grupos de seis coas cara cara arriba mirando á Virxe e as mans xuntas en sinal de oración. No grupo da dereita poden distinguirse a San Pedro coa chave e a Santo Tomás, que está xirado, e é o único que non está mirando á Virxe. No segundo grupo da esquerda aparecen San Xoán coa palma e San Paulo. O resto están sen identificar.
  • A segunda pintura ocupa o recadro que está enriba da mesa do altar, entre un grupo de apóstolos e o outro, e chega en altura aos pés da Virxe. Trataríase dunha Anunciación. Nela pode verse un chan en perspectiva sobre o que se sitúa un xerro con lirios. Aos lados, tapados pola primeira pintura, intúense dúas figuras: a da dereita, de cor branca, sería o arcanxo Gabriel e a da dereita en vermello, a Virxe María. Esta pintura debeuse conservar porque cando se pintou a Asunción, este espazo debeu estar tapado por un pequeno retablo, cadro ou semellante, o mesmo que ocorreu coa pintura principal e o retablo barroco, pero a menor escala.
  • Da terceira pintura, os restauradores deixaron unha testemuña á vista, unha pomba situada nun pequeno recadro á dereita. Trátase do Espírito Santo, recoñecible polo nimbo que rodea a súa cabeza. Podería tratarse doutra Anunciación.
  • Da cuarta pintura xa quedan poucos restos. Os encargados da rehabilitación do conxunto deixaron pequenas mostras de cor na mesma cata da terceira pintura, na parte superior esquerda do recadro da pomba.






Todas estas pinturas pasaron por un proceso de restauracion, dentro da igreixa encontreime un cartel onde explica a perfección o proceso polo que pasaron. Para mais información sobre o o proceso de restauracion pincha Aqui.

Esta igrexia ao meu parecer é increible, no so polo seu valor historico e as suas increibles pinturas no fondo do altar, senon tamén polos seus retablos. O primeiro que encontraste ao entrar é un retablo, y so con xirarte a tua esquerda encontraste outro. É unha igrexa cun encanto especial y con moito que ver.





É un sitio bonito que se pode ir a visitar a gusto de quen queira, e o máis importnte, é noso, é unha parte da historia galega que esta a alcance de calquera, e convídovos a que os acheguedes a conocer un pouco máis da nosa fermosa terra.