miércoles, 28 de octubre de 2015

Capilla de Amido

Postos a falar de lugares remotos da nosa terra galega, cabe destacar a Capilla de Amido, no fin dun carreiro, con catro casas é so unha delas habitadas, pasto de vacas e natureza pura. Nese mesmo lugar encontrase a Capilla de Amido, pechada dende hay uns trinta anos, sin acceso ao publico.
A orixe desta capilla calculase alá polo século VII. Nela pódese apreciar o paso do tempo, as humidades e o pequeno desprendemente de teito debido a unha intensa choiva. Tiven a sorte de poder entrar e por enriba cunha veciña, a unica que inda vive nunha desas 4 casas que quedan. Dentro da capilla podense ver 3 santos, e unha en especial que é un virxe que data da época arcaica, con miles de anos de antigüedade.
Se nos fixamos ben na parte exterior podemos aprezar unha pedra, esa pedra esta tallada (na actualidade desgastada porlo paso do tempo), as bocas din que era unha antiga pedra dun catro, nela non se sabe ben se habia tallado un porco ou unha vaca; nela pódese apreciar un burato, ese burato daba a unha pia butismal, e dise que a auga botábase por ahí ata chegar a pia.
Tamén apreciase unha data debaixo da campana, esa é a data na que colocouse a nova campana.
O peor de todo é que algo con tanto valor hitorico deixese a mano de deus ata que se derrumbe, un lugar que poderia ser unha das moitas xoias galegas, mais confundimos o valor das cousas co seu precio.

lunes, 5 de octubre de 2015

Amor feito música

Boas a todos!! Na miña primeira entrada vouvos dar a coñecer,aos que non o coñezades ainda, ao cantante do momento (e como non ferrolán).
Sí, estouvos a falar de Andrés Suarez, cantautor e ferrolán nacido en 1983, pasou a cuna da sua vida entre Ferrol e Cedeira, tendo estos dous lugares sempre como referente nos seu incalculables concerto por toda España.
Os seus principios na música remontanse a sua adolescencia, onde montou en grupo cuns colegas, todos eles alumnos do concepcion arenal, no que aos seus 15 año deu seu primer "concerto". Segiu a sua carrera e foise estudar a Santiago, onde iba tocando polos bares da zona vella. Como esto sabialle a pouco decidiu marchar a Madrid co posto e a aventura, foi cantar ao metro, o cal de primeiras os beneficios non lle daban nin para costear o billete do metro. Ata que unha noite de copas por Madrid coñece a persoa que vai sacar a sua carreira adiante (Tontxu). 
Nunca tirou a toalla e sacou discos con todas as suas composicións, o seu primeiro disco foi "De ida" que o fixo cuns 17 anos, ata o disco deste ano "Mi pequeña historia".As suas canciones son máxia, é un mundo de sensacións. 
O desamor como tema principal identifica a todo aquel que o escoite, a emoción coa que se escoita unha canción de este home é única. 
A mellor experiencia do mundo foi velo en concerto no Jofre, aquel inmenso teatro, as unicas luces eran pra el e pra sua guitarra, non fai falta máis, as vagoas os grito e a ledicia; repetiria mil veces esa sensación coa pel de galiña e sentindome a única naquel inmenso teatro. A mellor sensación do mundo.

Deixovos unha das cancións na que fai referencia a apreciada praia de Patín.

Espero que os faga sentir tan sequera a metade do que me fai sentir a min, apertas!!