domingo, 21 de febrero de 2016

A reconquista Irmandiña do Castelo de Moeche

No val dos irmandiños , a historia conta que anos atrás, ao mesmo tempo que en Vilalba, en Moeche o campesiñado empezaba a crear unha seria represalia arredor do Castelo.
Nesa época o Castelo era ocupado por Fernán Pérez de Andrade `` o bo´´ que tamén era dono das fortalezas do Eume e mesmo nun Castelo moi cercano ao de Moeche como é o Castelo de Narahío.
Este malestar do pobo leva a unha Revolta Irmandiña que se produce no ano 1431. Os irmandiños do Val de Moeche unificanse para loitar contra Nuño de Andrade ( o malo) e o seu exército nos arredores do Castelo.

Martires de Carral

En 1846 Galicia foi escenario dunha revolución que deixaría unha grande marca na historia e na cultura do país. Malia ao seu fracaso, o alzamento liberal de 1846 marcou a política e o pensamento da época, e ten unha importancia fundamental en como se desenvolveu despois o Rexurdimento e o Rexionalismo galego. Aínda hoxe, as lembranzas daqueles feitos continúan con vida.

Unha revolución non ten sempre que vencer para mudar a realidade. Pódese pensar que esta foi o caso do pronunciamento que protagonizou o exército en Galicia en 1846. O que comezara coma un alzamento liberal deu no fito fundacional do provincialismo en Galicia, denunciando de xeito explícito a situación de abandono no que se atopaba Galicia respecto ao goberno central. “Que foi o que pasou? Este movemento militar coincidiu no tempo cunha xeración de mozos universitarios que teimaban en reivindicar a idea de Galiza”, explica o historiador Prudencio Viveiro. “É a xeración provincialista. Eran os fundadores do galeguismo. Desde polo menos 1840 estes mozos provincialistas denunciaban a situación de abandono a que estaba sometida Galiza, esquecida polo centralismo ignorante, que no dubidara en subdividir o antigo reino en catro provincias sen ningunha base histórica. Os provincialistas defendían que Galiza era unha unidade, unha soa provincia, de aí o seu nome. Criticaban tamén a postración económica, as necesidades que pasaban os galegos, ofrecendo ideas para superar esta situación. Os provincialistas deixaron por escrito o seu programa en varios xornais de Santiago de Compostela, cabeceiras como La Aurora de Galicia, El Idólatra de Galicia, El Irís de Galicia ou El Porvenir, fálannos ben as claras de cal era o cerne dos provincialistas: Galiza e os seus problemas. Ao chegar abril de 1846 estes militantes do provincialismo deciden pasar á acción. É entón que se unen ao movemento insurreccional”. 

Roi xordo, o primer heroe dos Irmandiños

No século XV, a península ibérica vivía un tempo convulso. O Rei da Coroa de Castela, Enrique de Trastámara, impuxo en Galicia unha nobreza foránea que exercía o señorío dunha maneira brutal e incontrolable polo Rei. 

O señor de Andrade cada vez tiña máis sona polos seus continuos abusos e o seu trato de dureza. Especialmente grave era o caso de Ferrol, no que eran habituais os fusilamentos mandados por el. Pero o pobo non tarda en sublevarse contra estas inxustizas. Unidos en irmandades, estas xentes, campesiños e xente de tódolos oficios, rurais e urbanos, pasarían á historia como os “Irmandiños”. Atoparon ó seu líder en Roi Xordo, un fidalgo nado, seguramente, na Coruña. Abandeirou a primeira Guerra Irmandiña, liderando a Irmandade Fusquenlla, creada en 1431. 

Andrade vese obrigado a fuxir a Compostela, onde recibe o amparo do arcebispo. Mentres, xentes de máis vilas galegas se van unindo a Roi Xordo e á Irmandade Fusquenlla. En Betanzos, o arcebispo trata de negociar con eles, pero sendo o sometemento a única alternativa ofrecida, deciden atacar Compostela. Alí dan có exército do arcebispo, máis numeroso e mellor preparado, polo que se ven na obriga de recuar. 

Namentres, Andrade fuxe para o castelo de Betanzos. Até alí vai a Irmandade Fusquenlla, pero esta vez caen derrotados. Roi Xordo, xunto con outros líderes da contenda, foron axustizados, feito que marca a fin da primeira Guerra Irmandiña. A cotío comparado con Robin Hood e William Wallace, Roi Xordo chega até os nosos días coma un exemplo de loita e coraxe, así como de enerxía e valentía, aquelas que non toleran a vida baixo o asoballamento.

En honor a este personaxe en ferrol encontrase unha rúa co seu nome: 


A peste negra

A peste negra foi unha epidemia concreta de peste que chegou a Europa, a China, o Medio Oriente e outras rexións do Mundo durante o século XIV (1347-1350), matando un terzo da poboación da Europa e proporcións probabelmente semellantes noutras rexións.
A peste non só decimou a poboación senón que destruíu a brillante civilización europea da baixa Idade Media, da construción das catedrais e do Feudalismo e Mercantilismo, que foi substituída pola bastante diferente civilización dos Descubrimentos e do Renacemento, logo que a poboación volveu a medrar.
Durante o período de revolución que causou, cuestionáronse institucións como a Igrexa Católica, prosperaron novas formas de relixión místicas e de pensar e minorías inocentes como os leprosos e os xudeus foron perseguidas e acusadas de seren a causa da peste.
 A peste entrou en Galiza pola costa (en Baiona, por exemplo, entrou a finais do ano 1348) e espallouse cara ao interior. Na Igrexa de Santa María a Nova de Noia, o sartego de Alvaro Paz Carneiro lembra a súa morte por causa da Mortalda, o día 15 de agosto da era 1386, é dicir, o 15 de agosto do ano 1348.
EFECTOS
Os efectos demográficos, culturais e relixiosos foron inestimables. A poboación descendeu en máis dun terzo. Os sobreviventes do pobo e da pequena nobreza e burguesía probabelmente se enriqueceron, por aumento dos salarios debido á diminución da man de obra e descenso dos prezos de terras e rendas. Os grandes propietarios rurais, dependentes totalmente do traballo alleo, sufriron algún declive económico. De aí se explica a proclamación das leis do suntuario, que prohibiron aos viláns usar roupas caras como os nobres. Non estando as divisións sociais tan claras como antes a nivel de propiedade, insistiuse máis nos títulos.
As persecucións ás minorías aumentaron drasticamente, e especialmente os pogroms contra os xudeus. O feito de que a maioría dos médicos fosen xudeus, e do fanatismo relixioso que se apousou das poboacións aterrorizadas, terá contribuído para a acusación e persecución a esa minoría. Alén diso os xudeus ficaron sospeitosos cando, debido ás súas leis talmúdicas de hixiene, as súas vítimas foron en menor número que as de comunidades cristiás. Houbo máis de 150 masacres e decenas de comunidades xudaicas máis pequenas foron exterminadas polos motíns dos cristiáns, facilmente incitados polos priores locais, a pesar das condenas polos altos cregos. A persecución dos xudeus na Alemaña levou á súa emigración en masa a Polonia e Rusia, onde mantiveron a lingua alemá no seu dialecto hebraico, o Yiddish.

Os leprosos tamén foron perseguidos, culpados como os xudeus de diseminar a doenza (a Lepra naturalmente non ten relación coa peste).