domingo, 15 de mayo de 2016

Galicia pra min...

Galicia... que dicir da miña terra, unha terra na que reinan as meigas e os feitizos, donde o soño de calquera persoa se pode chegar a facer realidade.
Galiza, a miña terra a terra de meus pais e meus avos, a terra que me veu medrar. Para min é algo mais que un lugar, e como a miña casa, nela podeste desviar de todos os teus problemas coa chea de lugares preciosos que visitas. Que dicir da praia das catedrais... ese lugar da costa lucense con milleiros de visitantes... En ningun lugar do planeta hai os cantís coma os de San Andrés de Teixido-.. en ningures hay fervenzas tan preciosas coma as do Ézaro.



Aqui hai de todo, que mellor sitio que vivir na terra de teus avós. Non hai mellor libro que os avós, contaranche miles e miles de historias de Galizaa e deles cando eran nenos.

Galiza foi unha terra gandeira, artesá... de campo. Hoxe en dia todo se mecanizou para unha vida cotiá mais estable, pero a esencia de Galiza nunca se perdeu.

Outra cousa que caracteriza Galiza e a música. Música Folk, festivais medievais coma o Festival Irmandiño de Moeche... O Festival do Mundo Celta de Ortigueira... a festa da Fraga nas Pontes... milleiros de persoas se xuntan para celebrar as festas...

Falando de festas... nunca vin un lugar tan festeiro coma Galiza. para min e a mellor discoteca que pode haber, xuntamonos todos os familiares e veciños polo patrón e cantamos e trouleamos coas orquestras.

Para min a miña terra e coma o meu fillo... algo que sempre hai que cuidar e nunca esquecerse dela... por moita xente que tuvera que emigrar ou mesmo irse para non volver... Galiza deixa marca a calquera que pasa por ela, a sua tranquilidade e a súa natureza e ÚNICA. 

E por último, a canción que mellor define as noites de troula e aos propios GALEGOS!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario