martes, 19 de abril de 2016

O cine galego

O cine chegou a Galicia o 2 de setembro de 1896. Aquí vouvos facer un pequeno recorrido ao longo do tempo sobre o cine galego.



Anos 20

 Un dos primeiros en estrenarse no cine galego foi o fotógrafo pontevedrés Enrique Barreiro, que estrea o 2 de maio de 1927 "Pontevedra, cuna de Colón", no Teatro Principal da capital pontevedresa. Tratábase dunha mediametraxe documental, na que se alternan panorámicas, algunhas en cor (pintadas polo propio Barreiro), mentres se expoñen os argumentos para demostrar o nacemento de Colón en terras galegas. (PONTEVEDRA CUNA DE COLON ,neste enlace podes atopar a pelicula)


Na época do mudo, máis cá cine galego, atopamos temática galega en películas españolas. Un público farto de zarzuelas aplaude con entusiasmo, en 1925, "La Casa de la Troya", dirixida por Pérez Lugín, e inspirada na vida estudiantil da provinciana Compostela de comezos de século. ( LA CASA DE TROYA ,neste enlace podes atopar a pelicula)
 dirixido polo italiano Rino Lupo e interpretado pola actriz viguesa Maruja del Mazo, que morre un ano despois da estrea.

Decádas 30 e 40
Un dos pioneiros no ámbito da empresa cinematográfica galega foi o vigués José Gil. A súa productora Galicia Cinegráfica acumulaba nos anos trinta unha boa parte da producción galega audiovisual, filmando por encargo todo tipo de documentais (festas, conserveiras...). O negocio pecha en 1935.

Nos anos da II República inician a súa carreira no cinema tres cineastas ourensáns. Antonio Román, nacido en 1911, coñeceu o cinema das vangardas europeas na súa época de estudiante en Madrid. Nos seus traballos sobre Galicia alonxábase das propostas da época, cheas de "enxebrismo". Desafortunadamente, non se conservan os filmes.

Carlos Velo Cobelas tamén tratou de documentar a Galicia interior e mariñeira no filme Galicia/Finisterre, que gañou en 1937 o primeiro premio da Exposición Internacional de París, cun xurado presidido por Buñuel. A Guerra Civil impediu a normal distribución do filme.

O trío de grandes realizadores galegos complétase con José Suárez Fernández (Allariz, 1920) En 1936, inicia nas Rías Baixas a rodaxe para Cifesa da que foi a súa única película no noso país, "Mariñeiros", hoxe perdida.

Co productor Víctor Ruppén (A Coruña, 1940) e o seu grupo Imaxe chegamos á década dos setenta. Ruppén tivo o mérito de introducir un formato semiprofesional coma o de 16 mm en varias das súas curtametraxes:Fendetestas, O herdeiro, O cadaleito e O pai de Migueliño. Víctor reaparece en 1980 como productor asociado en Malapata, a primeira e malograda longametraxe do cinema falado en galego.
Ao ano seguinte será "Carmiña, flor de Galicia" a que repita os tópicos da "esencia galega". O filme estaba

A década dos 80
O fracaso de Malapata abriu un período de transición no ámbiente cinematográfico que vai chegar case ata a metade da década dos oitenta. Sumido nunha crise de identidade, o cinema galego paraliza practicamente a súa producción.

Nesta época, Juan Pinzás funda xunto coa súa muller Pilar Sueiro a productora Atlántico Films, aínda que coas súas actividades centradas en Madrid. Pinzás continuará dirixindo ata hoxe, e pode presumir de ser o primeiro galego en adherirse a corrente danesa Dogma.


O nomeamento do xornalista Xosé Luís Álvarez Pousa en 1983 como Director Xeral de Cultura, supuxo un pulo para o cinema galego, ao deseñar unha programa audiovisual que contempla por primiera vez as subvencións. O goberno da a coñecer os logros máis importantes da súa política en 1989, coa estrea en Vigo das tres primeiras longametraxes en 35 mm. do cine galego: Urxa (Carlos L.Piñeiro), Sempre Xonxa (Chano Piñeiro) e Continental (Xavier Villaverde).
(Pinchando nos links poderás atopar os largometraxes)

A década dos 90
A principios de 1990, o Partido Popular recupera o goberno da Xunta. Créanse a Escola de Imaxe e Son da Coruña e o Centro Galego de Artes da Imaxe. A cativa industria audiovisual de Galicia posuía, á fin, unha mínima estructura coa que abordar unha nova etapa. Aínda que a tendecia continúa marcada pola producción de curtas e mediametraxes.

A comezos de 1997, Antonio Simón debuta na dirección de longametraxes con La novia de medianoche baseándose nun guión inédito, escrito polo galego José Rubia Barcia para Luis Buñuel. O que parecía un interesante reto, fracasou en taquilla.

Outro dos filmes atractivos desta tempada é Nena (1997) e veu da man do ourensán
afincado en Madrid Xabier Bermúdez. A película foi producida pola empresa coruñesa Xamalú Filmes e conta a historia dun escritor de éxito namorado dunha adolescente, temática singular dentro do panorama galego.

O primeiro "éxito de masas" do cinema galego é, quizais, a segunda longametraxe de Xavier Villaverde, Fisterra (1999). A historia estaba ambientada en Galicia e entre os protagonistas, figuraba Nancho Novo. A película, producida pola empresa Continental, exhibiuse en galego e castelán, e foi tratada bastante ben pola crítica.

Na actualidade
No 2003 nace a productora Vaca Films, productora galega que chegara a realizar grandes exitos taquilleros como pode ser a tan reciente El desconocido (2015), rodada na Coruña. Outro gran éxito producido por esta productora é Celda 211 e a gran produccion de A cambio de nada, que conseguiu seis nominacións nos goya.


E por último, non nos podiamos esquecer do noso gran actor galego e ferrolán Javier Gutierrez, que conseguiu o seu primeiro goya, nominado ao mellor actor cao película La isla mínima (2015). Tamén ten moita repercusión na televisión coa serie Aguila Roja, na que leva traballando dende 2009. Esto sen esquecer as mil películas e series nas que participa e participou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario