sábado, 14 de mayo de 2016

Galicia, paraiso "natural"

Hoxe, xa teño 38 anos, estou cos meus dous fillos na praia da fragata, en Cobas, disfrtuando das praias da nosa casa. E diredes, cal é o problema..? a elo vou.

O problema é que nestes tempos, a area non é area, a praia son todo colillas. No ano 2016 os galegos aumentaron o seu numero de cigarrillos diarios, e mais aumentou o seu consumo e persoas xoves, nun 8%, e esta estadistica aumentou progresivamente de 2 anos en 2 anos ata agora.



Estas actividades foron as que levaron a Galicia máxica de acantilados verdescentes, os cabos infinitos e as praias maxestuosas ao seu fin. 
O consumo cada vez mais frecuente e precoz nos xoves ao consumir tabaco leva a Galicia a pique. Os xoves, que son os que mais frecuentan as praias, enchen todo de colillas e lixo, pero sobre todo colillas. 
A dia de hoxe, a arena non é area, son colillas. Os meus fillos fan castelos de arena mesturados coa pouca area que se pode atopar nas praias. Os meus netos non saberan que é a area. 



A xente non se da conta, e pensa que as colillas tardan 2 ou 3 días en degradarse, mais a media de degradación dunha colilla é de entr 2 e 3 anos (ao sol). 
Esto me leva a cando a colilla non so esta na parte da area, senon tamén no mar, o que levou a non poder bañarse nas nosas praias debido a enorme contaminación que ten a auga debido as colillas e os milleiros de residuos plásticos que se tiran ao mar a diario; "Se a colilla cae na auga a desintegración realizarase na metade do tempo, pero á súa vez contaminará entre 8 e 70 litros de litros de auga potable ao mollarse e soltar a nicotina e o alcatrán que contén."

Esto non é o peor, se non que esto acorta a vida dos galegos, e cada vez morren máis galegos por causa do tabaco, a enfrmidade mais frecuente é o cancer de pulmón. Así aumentaria a vida dos galegos se deixasen de fumar a tempo:

  • Aumenta 9 años si deja de fumar antes de los 40 años
  • Aumenta 6 años si deja de fumar antes de los 50 años
  • Aumenta 3 años si deja de fumar antes de los 60 años
O que lles depara aos meus netos non o sei, solo sei que non vai ser nada bon.

No hay comentarios:

Publicar un comentario