sábado, 14 de mayo de 2016

A voz do pobo

A nosa lingua, o galego , cunha dificil e lenta normativizacion, vese afectada polo “abandono” da sociedade que hoxe en dia nos rodea.

A dia de hoxe a lingua Galega e moitisimo menos falada pola poboacion do que se falaba antes. O cambio veuse reflexado no intervalo que vai do ano 2001 ao 2011.
Se seguimos as estatisticas, o galego vai a menos en vez de a mais a pesar da sua evolucion en canto a gramatica e o lexico. Estudos afirman que o Galego e falado pola xente “as veces” por enriba da xente que o fala sempre.



A xuventude de hoxe en dia, non se preocupa por aprender a lingua do seu territorio, solo se preocupa polo idioma que os seus amigos falan e polo tanto eles falarano tamen.
Na casa cada vez e menos habituao o uso do galego a non ser no ambito rural… por iso a pregunta que chegamos a facernos e… o Galego… seguirá existindo co paso dos anos?
E unha cuestión un pouco “atourada” pero con loxica. Se a nosa lingua segue a ir a menos como esta pasando estes anos, chegara un punto no que desaparecerá, porque non se falara por ninguen.


Chegamos ao punto no que desgraciadamente, os meus fillos non poderan aprender a lingua territorial, aprenderan algo menos na vida.
E moi triste chegar a pensar esta situación, pero e a real. A realidade e que o Galego falasw cada vez menos, e unha realidade acompañada da ignorancia na que nos estamos adentrando …


No hay comentarios:

Publicar un comentario