sábado, 7 de noviembre de 2015

Igrexa de Igrexafeita

Esta é unha Igrexa situada no concello de San Sadurniño. Trátase dunha igrexa medieval reformada entre os séculos XVIII e XIX.



O máis representativo desta igrexa son as súas pinturas, forman un mural explendido e cheo de armonía. As pinturas que se poden observar na actualidade corresponden a catro pinturas de épocas diferentes. Da máis recente á máis antiga teriamos:
    
  • A primeira, a que máis espazo ocupa, corresponde á Asunción da Virxe. Nesta escena aparece representada na parte superior a Virxe con catro anxos que a soben ao ceo mentres outros dous a coroan.Toda a escena remátase na bóveda coa presenza de Deus Pai coas mans estendidas, bendicindo coa dereita e flanqueado por dous anxos trompeteiros. Abaixo, a ambos lados aparecen os apóstolos divididos en dous grupos de seis coas cara cara arriba mirando á Virxe e as mans xuntas en sinal de oración. No grupo da dereita poden distinguirse a San Pedro coa chave e a Santo Tomás, que está xirado, e é o único que non está mirando á Virxe. No segundo grupo da esquerda aparecen San Xoán coa palma e San Paulo. O resto están sen identificar.
  • A segunda pintura ocupa o recadro que está enriba da mesa do altar, entre un grupo de apóstolos e o outro, e chega en altura aos pés da Virxe. Trataríase dunha Anunciación. Nela pode verse un chan en perspectiva sobre o que se sitúa un xerro con lirios. Aos lados, tapados pola primeira pintura, intúense dúas figuras: a da dereita, de cor branca, sería o arcanxo Gabriel e a da dereita en vermello, a Virxe María. Esta pintura debeuse conservar porque cando se pintou a Asunción, este espazo debeu estar tapado por un pequeno retablo, cadro ou semellante, o mesmo que ocorreu coa pintura principal e o retablo barroco, pero a menor escala.
  • Da terceira pintura, os restauradores deixaron unha testemuña á vista, unha pomba situada nun pequeno recadro á dereita. Trátase do Espírito Santo, recoñecible polo nimbo que rodea a súa cabeza. Podería tratarse doutra Anunciación.
  • Da cuarta pintura xa quedan poucos restos. Os encargados da rehabilitación do conxunto deixaron pequenas mostras de cor na mesma cata da terceira pintura, na parte superior esquerda do recadro da pomba.






Todas estas pinturas pasaron por un proceso de restauracion, dentro da igreixa encontreime un cartel onde explica a perfección o proceso polo que pasaron. Para mais información sobre o o proceso de restauracion pincha Aqui.

Esta igrexia ao meu parecer é increible, no so polo seu valor historico e as suas increibles pinturas no fondo do altar, senon tamén polos seus retablos. O primeiro que encontraste ao entrar é un retablo, y so con xirarte a tua esquerda encontraste outro. É unha igrexa cun encanto especial y con moito que ver.





É un sitio bonito que se pode ir a visitar a gusto de quen queira, e o máis importnte, é noso, é unha parte da historia galega que esta a alcance de calquera, e convídovos a que os acheguedes a conocer un pouco máis da nosa fermosa terra.






No hay comentarios:

Publicar un comentario