-Zeus, Afrodita, Hera, Apolo... na mitoloxía grega.
-Xúpiter, Venus, Xuno.... na mitoloxía romana.
-Abnoba, Dona do lago, Taranis, Tristán e Isolda.... na mitoloxía celta.
-Lobishome, meigas, bruxas, Santa Compaña... na mitoloxía Galega.
En Galicia, a crenza de seres míticos chegou a ser tan profunda que se converteron nos compañeiros dos galegos. A fronteira entre o real e o imaxinario cada vez distinguíase menos polo que volveuse habitual pensar que os mouros paseaban polas feiras.
Estas criaturas sobrenaturais veñen dadas pola necesidade do home de dar explicacións os fenómenos cotiáns. A explicación que o ser humano deu ós sucesos do mundo non sempre respondeu ao razoamento científico. Antes que a ciencia, a tradición popular, a maxia e a mitoloxía foron elementos clave para que os humanos dereanlle unha explicación a esos fenómenos naturais.
Estes mitos, moitos deles convertidos en lendas, enriquecéronse con elementos fantásticos relacionados coa vida nos castros. Tamén elementos artísticos gravados sobre rocha cuxa orixe é misteriosa (petroglifos), convertéronse en símbolos que a xente atribuíu a seres fantásticos.
A cultura popular galega está chea de seres mitolóxicos que interveñen na vida dos campesiños que viven con eles nas aldeas. Estes seres, ás veces, benefician ós humanos, e outras castíganos. A continuación mencionarei algúns curiosos seres mitolóxicos:
Avelaíña
Bolboreta nocturna que pode ser unha alma e ronda as luces acesas do fogar.
Segundo a cor cambian os presaxios:
Brancas: Boas novas. Como por exemplo a chegada dunha carta dun ser moi querido.
Negras: Tristes acontecementos. Como por exemplo a morte dalgunha persoa cercana.
Unha avelaíña entrou nunha casa déronlle con un trapo e estoupou en fume. Viron un corvo que marchaba dando grandes berros. Esto era porque a avelaíña era negra, e traia un mal presaxio. A presenza do corvo daba a entender que algún membro dese fogar iba morrer pronto.
O Urco
O Urco é un animal fantástico, especie de can negro, moi grande, con cornos e orellas longas, a presenza do cal é considerada de mal agoiro. O urco habita nas beiras do río Lérez, nunha tenebrosa paraxe que chamaban borrón.O Urco é un can de grande corpo, negro coma a noite e peludo ; cunhas orellas moi longas e uns cornos pequenos, ademais dun rabo mouro tamén como toda a pelaxe, semellante á do can, máis cunha presa de cabelos, imitante a un pincel.
O Urco non adoita verse doadamente, pois agáchase nas fochas entre os penedos das ribeiras do mar, e a súa presenza coñécese polo seu oubeo. Porque este é coma un forte e chión asubío, que parece que, ó se escoitar, xea o sangue nas veas e estremece o corpo todo, coma se a un lle clavasen un coitelo no peito. Sempre que se o escoita ouvear, acontece unha desgraza: alguén morre sen se saber como nin por que, pois aparentemente os accidentes non teñen explicación posible.


No hay comentarios:
Publicar un comentario