lunes, 9 de noviembre de 2015

Elemento da Galicia mítica (A QUEIMADA)

A queimada é un dos moitos rituais que teñen que ver co lume, unha tradición que se debate entre o pagán e o misterioso, unha poción máxica cuxas orixes se perden nas sombras das antigas noites plagadas de meigallos e feitizos, de almas en pena, e corpos capturados por  rituais de bruxas que se encontran sentadas na oscuridade e nun círculo ao redor dunda cunca de barro buscando a purificación do corpo e a salvación da alma, mentres remexen o brebaxe que espantará os malos espíritos e atraerá os bos.
O ritual da queimada e o seu conxuro é un dos poucos ritos que se manteñen a dia de hoxe, levandose a cabo de forma natural en numerosas reunións sociais e celebracións que teñen lugar na comunidade galega.

A queimada tradicional ten a súa orixe  máis que posiblemente orixinado nas antigas culturas castreñas. Os celtas deixaron a súa herdanza cultural reflexada nos abundantes petroglifos que se encontran ao longo da comunidade galega. Son recurrentes os simbolos en espiral, destacando o Trisquel, figura con tres cabezas que debuxa unha especie de cruz. Foron moitas as intrepetacións que os historiadores deronlle a este símbolo, mais a máis coñecida é aquela que sostén que o Trisquel representa os tres elementos principais na vida do home: Auga, Lume e Vento.

O ritual da queimada tamén trae na sua fórmula a fusión destes tres elementos, nun ritual que non sería posible de non existir este compoñente máxico heredado dos Celtas e transmitido co tempo.

A terra simbolízase a través da ola de barro, a auga representase coa augardente que se funde coa terra mentres o lume danza libre completando os tres elementos fundamentais, quentando o corpo e purificando o alma.

QUEIMADA

Ingredientes
1 Ola de barro
1 Litro de augardente de orujo galego
1 Monda de limón e laranxa
150 Gramos de azucre
Granos de café

Preparación
Collemos a ola de barro e botamos a augardente, o azucre, as mondas e uns graniños de café.
Mézclase todo ben e prendeselle lume. 
Esta mezcla reméxese ben ata que o alcohol se evapore e o azucre esté completamente diluido.

Conxuro
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. 
Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas. 
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras. 
Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas. 
Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. 
Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro e pe do coello. 
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello. 
Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida. 
Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida. 
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas. 
¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas. 
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento. 
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario