domingo, 21 de febrero de 2016

A reconquista Irmandiña do Castelo de Moeche

No val dos irmandiños , a historia conta que anos atrás, ao mesmo tempo que en Vilalba, en Moeche o campesiñado empezaba a crear unha seria represalia arredor do Castelo.
Nesa época o Castelo era ocupado por Fernán Pérez de Andrade `` o bo´´ que tamén era dono das fortalezas do Eume e mesmo nun Castelo moi cercano ao de Moeche como é o Castelo de Narahío.
Este malestar do pobo leva a unha Revolta Irmandiña que se produce no ano 1431. Os irmandiños do Val de Moeche unificanse para loitar contra Nuño de Andrade ( o malo) e o seu exército nos arredores do Castelo.

Dirixidos polo Roi Xordo os campesiños Irmandiños poñen rumbo ao Castelo, e comezan unha loita que conseguen gañar ainda que non definitivamente. Nuño de Andrade tras o medo e a destrucción de parte do Castelo de Moeche polos Irmandiños, po Rumbo ao seu aposento de Pontedeume, pero ao chegar ali dase conta que os seus dirixentes poñen rumbo a Santiago para fortalecer o seu Exercito e así poder conquistar de novo o Castelo de Moeche.

36 anos mais tarde, o Conde de Lemos volvía ao Castelo de Moeche cun gran exercito e obrigaba aos irmandiños a reconstruir o Castelo (pedra a pedra). Tras este gran acontecemento e despois de 30 anos de paz no Val de Moeche, os irmandiños volvían a enfurecerse contra a nobreza e volvían a sentirse outra vez máis coma escravos, pero o Conde de Lemos morre, e volve a tranquilidade ao pobo...

Hoxe en día O Castelo pertence ao Concello de Moeche xa que foi ``prestado´´ pola Nobreza da Duquesa de Alba. Para reivindicar este acontecemento cada ano celébrase o Festival Irmandiño de Moeche, ao que milleiros de persoas acuden para recordar como os seus antepasados conquistaban o Castelo no famoso `` asalto ao castelo´´

No asalto ao Castelo cada unha das persoas fai un recorrido dende o Campo do Festival ata o Castelo levando unha antorcha, como signo de loita os veciños ao chegar ao castelo acheganse a porta e realizan Canticos Populares da época contra Nuño de Andrade, e a continuacion unha choiva de Fogos Artificiais inunda o Val de Moeche como signo de VICTORIA!




No hay comentarios:

Publicar un comentario