lunes, 5 de octubre de 2015

Amor feito música

Boas a todos!! Na miña primeira entrada vouvos dar a coñecer,aos que non o coñezades ainda, ao cantante do momento (e como non ferrolán).
Sí, estouvos a falar de Andrés Suarez, cantautor e ferrolán nacido en 1983, pasou a cuna da sua vida entre Ferrol e Cedeira, tendo estos dous lugares sempre como referente nos seu incalculables concerto por toda España.
Os seus principios na música remontanse a sua adolescencia, onde montou en grupo cuns colegas, todos eles alumnos do concepcion arenal, no que aos seus 15 año deu seu primer "concerto". Segiu a sua carrera e foise estudar a Santiago, onde iba tocando polos bares da zona vella. Como esto sabialle a pouco decidiu marchar a Madrid co posto e a aventura, foi cantar ao metro, o cal de primeiras os beneficios non lle daban nin para costear o billete do metro. Ata que unha noite de copas por Madrid coñece a persoa que vai sacar a sua carreira adiante (Tontxu). 
Nunca tirou a toalla e sacou discos con todas as suas composicións, o seu primeiro disco foi "De ida" que o fixo cuns 17 anos, ata o disco deste ano "Mi pequeña historia".As suas canciones son máxia, é un mundo de sensacións. 
O desamor como tema principal identifica a todo aquel que o escoite, a emoción coa que se escoita unha canción de este home é única. 
A mellor experiencia do mundo foi velo en concerto no Jofre, aquel inmenso teatro, as unicas luces eran pra el e pra sua guitarra, non fai falta máis, as vagoas os grito e a ledicia; repetiria mil veces esa sensación coa pel de galiña e sentindome a única naquel inmenso teatro. A mellor sensación do mundo.

Deixovos unha das cancións na que fai referencia a apreciada praia de Patín.

Espero que os faga sentir tan sequera a metade do que me fai sentir a min, apertas!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario